Ca(u)sa Común


Saca os teus aforros da burbulla e ponos a habitar nunha Ca(u)sa Común!

Lortutakoa
0
Obxectivo: entre 1.500.000€ e 2.000.000€
0
Subscritoras

Coop57 lanzamos unha campaña de títulos participativos para financiar vivenda cooperativa ao 2% anual.

Nun contexto en que o acceso á vivenda está cada vez máis condicionado por lóxicas especulativas, desde Coop57 propómosvos sacar o diñeiro da burbulla e polo a construír comunidade.

Facémolo a través de Ca(u)sa Común, unha aposta por transformar o aforro individual nunha ferramenta colectiva ao servizo do dereito á vivenda, e en concreto, para financiar vivenda cooperativa e protexer chan para usos sociais e comunitarios.

Como funciona?

  • Non hai que ter grandes sumas, podes adquirir títulos participativos de 1.000€.
  • Estes títulos teñen unha remuneración do 2% anual e vencen o 30 de xuño do 2029, pero pódense retornar en calquera momento, cunhas condicións claras e transparentes.
  • Non hai que ser socia da Coop57 para participar.
  • Os teus aforros serán parte dun investimento ético, accesible e comprometida coa transformación do modelo de acceso á vivenda.

Ca(u)sa Común é unha maneira de aforro, pero, tamén, de facer política desde a economía cotiá para pola ao servizo da vida. Facer Ca(u)sa Común común co teu diñeiro é elixir conscientemente polo a crecer en vivendas onde viven persoas e familias reais. É liberar o teu aforro do beneficio privado e colocalo ao servizo do benestar colectivo.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

Emisión completada!