Ca(u)sa Común


Gañamos terreo á especulación inmobiliaria

Lortutakoa
0 €
Obxectivo: 2.000.000€
0
Subscritoras

Condicións da emisión de títulos participativos para vivenda cooperativa

Finalidade

A finalidade é esta emisión propia de títulos participativos é incrementar a nosa capacidade financeira para continuar apoiando a proxectos transformadores de vivenda cooperativa.

Importe por persoa

Os títulos son de 1.000€ cada un. O número máximo de títulos que pode adquirir cada persoa é o seguinte:

  • Persoa física: 20 títulos (20.000€)

  • Persoa xurídica: 50 títulos (50.000€)

Período de subscrición

Do 9 ao 30 de novembro. Os títulos asignaranse por estrita orde de solicitude.

Remuneración

  • 2,25% anual.

  • Pago: anual (30 de novembro de cada ano)

  • A remuneración considérase rendemento do capital mobiliario e está suxeita a retención fiscal (19% actualmente).

Vencemento

30 de novembro do 2030. Posibilidade de renovación (coas condicións que se establecerán neste momento).

Devolución

Pódese solicitar a devolución en calquera momento.

Se a devolución se solicita antes do vencemento, aplicarase unha penalización do 100% da remuneración do ano en curso.

Quen pode subscribir títulos

A emisión está dirixida a calquera persoa ou entidade que acepte as súas condicións. Non é preciso ser socia de Coop57.

Garantías dos títulos participativos

Os títulos participativos están apoiados pola propia capacidade económica e financeira de Coop57.

Coop57 desenvolve unha actividade financeira como cooperativa de servizos. Non é un banco e, en consecuencia, non dispón da cobertura do Fondo de Garantía de Depósitos do Banco de España.

Coop57 articula distintos mecanismos para garantir tanto as achegas das persoas socias como os títulos participativos emitidos:

  • Destina os seus excedentes exclusivamente a reservas.

  • Esixe ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais ao capital social para nutrir un fondo solidario para garantir os préstamos.

  • Anualmente, dota o máximo posible as provisións para unha posible falta de pagamentos.

  • Acouta o límite máximo de préstamo que pode recibir unha entidade socia, de maneira que así distribúe o risco (como máximo, unha entidade non pode recibir en préstamos máis do 2% dos recursos dos que dispón Coop57).

  • Mantén acordos con distintas entidades para compartir riscos e garantir os préstamos concedidos (Fondo Europeo de Investimentos, Sociedades de Garantía Recíproca, Administracións Públicas, Fundacións e outras entidades da Economía Social e Solidaria).

  • Nos casos de financiamento de proxectos de vivenda cooperativa, pode utilizar garantías hipotecarias sobre a propiedade ou o dereito de superficie do inmoble.

Coop57 é unha cooperativa que se xestiona de forma democrática e participativa e que articula mecanismos para que os socios e socias poidan coñecer adecuadamente e en todo momento a súa situación económica e poidan participar colectivamente na toma de decisións.

Para subscribir títulos é necesario ler e manifestar a aceptación das presentes condicións da emisión de títulos participativos para vivenda cooperativa. Podes descargar o anexo de condicións aquí.

 

ESTA EMISIÓN DE TÍTULOS PARTICIPATIVOS XA FOI COMPLETADA. ¿QUERES ESTAR INFORMADA DAS SEGUINTES CAMPAÑAS DE COOP57?

Déixanos os teus datos e achegarémosche as principais novas e campañas de Coop57.